O vacún de leite segue a ser unha actividade prioritaria para Galicia. En Xóvenes Agricultores participamos activamente no proceso de reestructuración deste sector, que está a conducir a unha situación de menos explotacións, pero mellor dimensionadas e máis rendibles. Neste sentido, resultou clave o esforzo formativo e de profesionalización realizado pola nosa organización, ademais da promoción permanente do asociacionismo agrario (cooperativas, SAT, CUMA…) e da mellora tecnolóxica.
En canto a producción cárnica, Galicia tense convertido nun referente de calidade, baseado fundamentalmente no papel xogado pola Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, na que participamos activamente dende a súa fundación.
Igualmente, promovémo-lo desenvolvemento e consolidación doutros sectores gandeiros, coma o porcino, o cunícula, o cabalar, o avícola ou o apícola., sen esquecernos de novas producións, coma as avestruces, os caracois ou os búfalos.