Dende 1998, dentro do marco da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego, antigamente coñecida como FORCEM, leva a cabo un gran número de cursos de diferente temática en función da demanda detectada. Como exemplo, os do ano 2003/2004 foron:
Aplicacións informáticas para explotacións agropecuarias.
Informática e Internet.
Access para explotacións agrarias.
Excel para explotacións agrarias.
Técnicas de poda e enxerto en árbores frutais
Manipulador de productos fitosanitarios.
Benestar animal.
Manipulador de alimentos.
Igualmente, dende 1997 Xóvenes Agricultores -Asaja Galicia realiza cursos englobados dentro do Programa Plurirrexional de Formación do sector Agroalimentario financiados polo MAPA e o Fondo Social Europeo:
Diversificación de actividades no mundo rural: cestería, bolillos, arte floral, restauración de mobles, mmarroquinería, cociña.
Xestión informatizada das explotacións agropecuarias.
Poda e enxerto das árbores.
Tamén se levan a cabo cursos homologados por diferentes consellerías:
Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais:
Manipulador de fitosanitarios.
Traballador Forestal.
Consellería de Sanidade:
Manipulador de alimentos.
Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural:
Manipulador de Plaguicidas.
Unha novidosa ferramenta de formación é o "Baúl de Recursos Didácticos sobre Riscos Laborais" que complementa a formación impartida nesta materia pola nosa organización.