acceso restringido
usuario
clave
>novo usuario
  buscador














   Aínda que o sector agrario padece unha inxusta fama de ser inmóbil e remiso ós cambios e á introducción de novas tecnoloxías, a realidade demostra todo o contrario. Somos unha parte importante do tecido económico deste pais, tan dinámico que en moi poucos anos fixemos un tremendo esforzo para modernizalas nosas explotacións, mellora-la calidade dos nosos productos e converternos nun dos sectores onde os seus axentes nos sentimos máis preocupados pola competitividade. Para iso fixemos un considerable despregue na formación dos nosos socios, có obxecto de aplicar novas tecnoloxías ás nosas produccións. Buscamos así o progreso do noso sector para conseguir ter un futuro digno e poder facer fronte ós retos que nos deparará o novo milenio.

   Ademais, somos exquisitamente coidadosos co entorno e co medio ambiente xa que vivimos no campo e do campo. De feito, realizamos unha indudable e impagable función medioambiental, renovando as pradeiras, repoboando os nosos montes e evitando que os nosos solos se deterioren. Por desgracia, moitas veces a sociedade non sabe valora-la importancia do papel que exercémo-los agricultores e gandeiros galegos como mantedores do entorno ecolóxico; pero nós somos perfectos coñecedores da función que desenvolvemos, e estamos orgullosos diso.

   Polo demais, estou convencido de que as páxinas que seguen darán cumprida resposta a tódalas preguntas que calquera cibernauta se plantexe sobre o modelo de agricultura e gandería que Xóvenes Agricultores - ASAJA GALICIA deseñou de cara ó futuro.

Juan Pérez Miramontes

Presidente     
Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia
© Asociación de Xóvenes Agricultores de Galicia
- aviso legal -

ampliar revista
Xaneiro-Febreiro 2011
13/09/2011 
ampliar noticia XX. AA. DENUNCIA O DIFERENCIAL DE PREZOS PAGADOS POLAS INDUSTRIAS, DE MÁIS DE CINCO CÉNTIMOS POR LITRO DE LEITE, EN EUROPA E GALICIA
09/09/2011 
ampliar noticia XX.AA. ESIXE UN CONTROL EXHAUSTIVO NO USO DE LODOS DE DEPURADORA COMO ABONO PARA TERREOS AGRÍCOLAS
06/09/2011 
ampliar noticia XÓVENES AGRICULTORES ORGANIZA NA ZONA SUR DE LUGO DOUS CURSOS DO PLAN AFD DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
   
Consulte a previsión do tempo desde o servidor de Meteogalicia, e o tempo agrícola.
www.woespana.es
Pomos a sua disposición un recopilatorio das axudas máis adecuadas para o noso sector.


MEXGA

Asegúrate



SIGPAC

PAC

Asóciate